martes, 2 de maio de 2017

Día internacional contra o Acoso Escolar

http://libreriaolacacia.com/wp-content/uploads/2017/04/diacontracosoescolar.jpg
http://static4.depsicologia.com/wp-content/uploads/No_Bullying_circle.gif

2 de Maio. Búscanse Valentes. Langui

Os medios de comunicacación están a facer eco dunha situación case permanente nos centros escolares. O acoso escolar e bullying, está a acaparar non só portadas de periodícos senón nutríndose de noticias, ás veces moi desgarradoras e incompresibles, que nos fai aos maiores levarnos as mans á cabeza pola incapacidade tanto institucional, educativa como familiar para corrixir ou cortar estas situacións, que unha vez disparadas non sabemos como van acabar.

O eixo vertebrador do acoso escolar é a non aceptación da diferenza, a intolerancia nas súas múltiples manifestacións e transformacións; a non aceptación por gordo, pelirrojo, negro, boas notas, pallaso, homosexual, ou calquera característica ou condición que sirva para poder ridiculizar ou menosprezar é suficiente para empezar esta espiral.

A esta actitude de intolerancia súmanselle moitos factores que contribúen e animan as situacións: a necesidade de pertencer ao grupo máis forte, o medo e/ou a indiferenza. A todo isto hai que sumarlle tamén o uso das redes sociais como motor e ferramenta de difusión destas situacións e uns adultos (familiares ou docentes) que pode relativizar a situación por expor que son cousas de "raparigos".


Ningún comentario:

Publicar un comentario