martes, 14 de marzo de 2017

Eu teño unha vaca marela

Letra da canción: A VACA MARELA

Eu teño unha vaca marela
que é o demo a condenada,  
presume de vaca moderna
e non quere traballar.
(bis)


Ela canta, con acento
de mulata brasileira,
hai que vela, como move,
as cadeiras ao andar.
(bis)


Puxo a permanente no rabo
e deulle esmalte aos cornos,
ela dí que quere mercar
unhas medias de cristal.
(bis)


Nin dá leite nin dá nada
dá patadas á canada,
a herba xa non lle vai
quere palla integral.
(bis)


sábado, 11 de marzo de 2017

Semana da Prensa

Do 6 ao 10 de marzo os centros educativos galegos celebrarán a 29º edición da Semana da Prensa na Escola, unha iniciativa instituida oficialmente dentro do calendario escolar en 1989.

Grazas a esta efeméride, miles de escolares galegos poderán complementar os seus libros con exemplares de xornais convertendo a prensa nun elemento pedagóxico máis, fomentando a súa lectura e desenvolvendo co iso o sentido crítico de nenos e novos.

Traballando no CPI Luis Díaz Moreno:

Alumando de 5 anos e de 5º de primaria












martes, 7 de marzo de 2017

Día internacional da muller

Resultado de imagen de 8 de marzo día internacional da muller
O día 8 de marzo celébrase en todo o mundo o día da muller, tan necesario aínda nesta sociedade na que a igualdade de xénero é aínda unha materia pendente por moitísimos motivos. 
Dende a materia de música queremos contribuir elixindo unha destas 150 cancións. 
Esta selección tan completa forma parte dunha proposta didáctica do Concello de Valencia. Deixo enlace AQUÍ 

                                                                                                                    Mural realizado por Ana Pardo.

QUE VIVA O ENTROIDO!


O alumnado do CPI Luis Díaz Moreno de Entroido! BUSCÁDEVOS!






sábado, 4 de marzo de 2017

#RosalíaTe

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega promove desde 2010 a conmemoración  o 24 de febreiro, aniversario do nacemento da autora, do Día de Rosalía de Castro.
Rosalía de Castro foi unha escritora nada en Santiago de Compostela no ano 1837 e falecida na Coruña en 1885. Dedicouse á creación de prosa e poesía, tanto en idioma castelán como en galego e recoñécella como unha das figuras máis importantes das letras da súa época. As súas achegas á cultura da súa terra resultan indispensables, especialmente no que a Galicia refírese, dado que a situación social daquel momento non facilitaba o camiño de quen fixese literatura usando a lingua galega, que era desprezada e considerada tan só un dialecto.
Sen dúbida, foi cos seus "Cantares Gallegos" que enalteceu o nome da súa patria e contribuíu ao seu renacemento cultural, concedéndolle un lugar importante ante unha nación que xa a daba por extinta. 
Entre outras, deixou dúas obras máis que demostran a grandeza da súa arte: "Follas Novas" e "Nas beiras do Sar". 
Con respecto á súa prosa, destacan os seus títulos "A filla do mar", "O cabaleiro das botas azuis" e "Padrón e as inundacións". 




Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) no Día de Rosalía de Castro 2017 
En Galicia existen infinitas formas de amencer: abrente, alborada, clarexa, luzada, rompente. A lírica que abraza os versos de Rosalía posúe as cores reveladoras da primeira luz.
Imaxino a Rosalía no século XIX e vexo unha muller que se aferra ás palabras sen complexos e fai con elas o que o corazón lle pide ao oído en cada instante: fitas de encaixe, diamantes, armas de construción masiva ou versos predestinados a furar as conciencias e facer cambalear os piares do inmobilismo.
Esa é ela. Unha xigante que non precisa respiración asistida, nin prantos, nin ritos florais. Os pulmóns da súa obra aférranse ao futuro e ínflanse coa forza dun país que respira cultura por cada fenda.
En Galicia existen infinitas formas de querer e nós querémoste paxaro, lume, emoción. Querémoste eléctrica e lúa. Insubmisa e valente. A voz que hoxe portaría unha pancarta na cabeza dunha manifestación contra a violencia machista ao berro de: Basta xa, querémonos vivas! A que quedaría afónica de solicitar, día tras día, unha maior presenza do galego na escola, na rúa, na vida. Na Galicia nosa que se estremece por momentos.
Imaxino a Rosalía e véxoa afirmando: Son muller e son galega. Reivindícome como escritora na miña propia lingua e non consinto que ninguén apague a miña voz. Estou tan viva que os meus versos rabuñan as paredes do panteón de galegas ilustres ata facelas sangrar. Négome a ser unha estranxeira exiliada na miña patria. Quero abarcar toda a luz e contaxiarte.
En Galicia existen infinitas formas de chover,
Como chove miudiño,
como miudiño chove,
pola banda de Laíño,
pola banda de Lestrove
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Amancio Prada canta "Adios ríos, adios fontes" 



Poema de Rosalía de Castro versionado por Luz Casal e X.M. Budiño - "Negra Sombra"  (Follas Novas, 1880)