martes, 2 de maio de 2017

Día internacional contra o Acoso Escolar

http://libreriaolacacia.com/wp-content/uploads/2017/04/diacontracosoescolar.jpg
http://static4.depsicologia.com/wp-content/uploads/No_Bullying_circle.gif

2 de Maio. Búscanse Valentes. Langui

Os medios de comunicacación están a facer eco dunha situación case permanente nos centros escolares. O acoso escolar e bullying, está a acaparar non só portadas de periodícos senón nutríndose de noticias, ás veces moi desgarradoras e incompresibles, que nos fai aos maiores levarnos as mans á cabeza pola incapacidade tanto institucional, educativa como familiar para corrixir ou cortar estas situacións, que unha vez disparadas non sabemos como van acabar.

O eixo vertebrador do acoso escolar é a non aceptación da diferenza, a intolerancia nas súas múltiples manifestacións e transformacións; a non aceptación por gordo, pelirrojo, negro, boas notas, pallaso, homosexual, ou calquera característica ou condición que sirva para poder ridiculizar ou menosprezar é suficiente para empezar esta espiral.

A esta actitude de intolerancia súmanselle moitos factores que contribúen e animan as situacións: a necesidade de pertencer ao grupo máis forte, o medo e/ou a indiferenza. A todo isto hai que sumarlle tamén o uso das redes sociais como motor e ferramenta de difusión destas situacións e uns adultos (familiares ou docentes) que pode relativizar a situación por expor que son cousas de "raparigos".


Día Internacional do Jazz

O 30 de abril celébrase o día Internacional do Jazz

Por que un Día Internacional do Jazz?

  • O jazz rompe barreiras e crea oportunidades para a comprensión mutua e a tolerancia;
  • O jazz é unha forma de liberdade de expresión;
  • O jazz simboliza a unidade e a paz;
  • O jazz reduce as tensións entre os individuos, os grupos e as comunidades;
  • O jazz fomenta a igualdade de xénero;
  • O jazz reforza o papel que xoga a mocidade no cambio social;
  • O jazz promove a innovación artística, a improvisación e a integración de músicas tradicionais nas formas musicais modernas e
  • O jazz estimula o diálogo intercultural e facilita a integración de mozas marginadoss.

A celebración desta xornada ten como obxectivo sensibilizar ao público en xeral sobre as virtudes do música jazz como ferramenta educativa e como motor para a paz, a unidade, o diálogo e o reforzo da cooperación entre pobos. Os gobernos, as institucións educativas e a sociedade civil que participan na promoción do jazz aproveitan esta oportunidade para difundir a idea de que o jazz non é só un estilo de música, senón que tamén contribúe á construción de sociedades máis inclusivas.

Na nosa aula celebramos o día!


http://paolaoliva.wix.com/son-de-jazz


martes, 25 de abril de 2017

Contos musicados

O LOBO FEROZ



COCORICO



MARILUZ AVESTRUZ




CHOCOLATA


O BOSQUE ENCANTADO







GLU- GLU-GLU

Que atopamos polo mar???


O tiburón Manolo,
da escola é profesor
ensínalles ximnasia
aos peixes do arredor .

GLU GLU PLAS PLAS PLAS

NAVEGANDO POLO MAR

A balea esta xorda
e teslle que berrar
bos días!moi bos días!
 se a ves pola mañá.

Os xurelos xuntillos
dan voltas por aí
non sei que ten o polbo
que non para de rir.

O pirimpimpín


Cantamossss



Teño dentro do meu peito
Unha laranxa partida
Para darlla ao meu amor, o pirimpirimpimpín
Para darlla á miña vida

Pirimpimpín, pimpimpimpimín,
Manolo, vira p’ra acá,
María, vira p’ra aquí. (bis)

De Portugal me mandaron
Tres peras nun ramalliño
Quen me dera a min saber-e, o pirimpirimpimpín,
Quen me ten tanto cariño.

Pirimpimpín, pimpimpimpimín,
Manolo, vira p’ra acá,
María, vira p’ra aquí. (bis)

Do outro lado do río,
Do outro lado meu ben-e,
Do outro lado do río, o pirimpirimpimpín,
Teño quen eu quero ben-e.

Pirimpimpín, pimpimpimpimín,
Manolo, vira p’ra acá,
María, vira p’ra aquí. (bis)

Ao entrar en Sanguiñeda
Hai un lexo de letreiro
Que sempre está a dicir, o pirimpirimpimpín.
Portugal meu compañeiro.

Pirimpimpín, pimpimpimpimín,
Manolo, vira p’ra acá,
María, vira p’ra aquí. (bis)

Rebola o pai, rebola a nai, rebola a filla,

E eu como son da familia tamén quero rebolar (bis)

martes, 14 de marzo de 2017

Eu teño unha vaca marela

Letra da canción: A VACA MARELA

Eu teño unha vaca marela
que é o demo a condenada,  
presume de vaca moderna
e non quere traballar.
(bis)


Ela canta, con acento
de mulata brasileira,
hai que vela, como move,
as cadeiras ao andar.
(bis)


Puxo a permanente no rabo
e deulle esmalte aos cornos,
ela dí que quere mercar
unhas medias de cristal.
(bis)


Nin dá leite nin dá nada
dá patadas á canada,
a herba xa non lle vai
quere palla integral.
(bis)


sábado, 4 de marzo de 2017

#RosalíaTe

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega promove desde 2010 a conmemoración  o 24 de febreiro, aniversario do nacemento da autora, do Día de Rosalía de Castro.
Rosalía de Castro foi unha escritora nada en Santiago de Compostela no ano 1837 e falecida na Coruña en 1885. Dedicouse á creación de prosa e poesía, tanto en idioma castelán como en galego e recoñécella como unha das figuras máis importantes das letras da súa época. As súas achegas á cultura da súa terra resultan indispensables, especialmente no que a Galicia refírese, dado que a situación social daquel momento non facilitaba o camiño de quen fixese literatura usando a lingua galega, que era desprezada e considerada tan só un dialecto.
Sen dúbida, foi cos seus "Cantares Gallegos" que enalteceu o nome da súa patria e contribuíu ao seu renacemento cultural, concedéndolle un lugar importante ante unha nación que xa a daba por extinta. 
Entre outras, deixou dúas obras máis que demostran a grandeza da súa arte: "Follas Novas" e "Nas beiras do Sar". 
Con respecto á súa prosa, destacan os seus títulos "A filla do mar", "O cabaleiro das botas azuis" e "Padrón e as inundacións". 




Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) no Día de Rosalía de Castro 2017 
En Galicia existen infinitas formas de amencer: abrente, alborada, clarexa, luzada, rompente. A lírica que abraza os versos de Rosalía posúe as cores reveladoras da primeira luz.
Imaxino a Rosalía no século XIX e vexo unha muller que se aferra ás palabras sen complexos e fai con elas o que o corazón lle pide ao oído en cada instante: fitas de encaixe, diamantes, armas de construción masiva ou versos predestinados a furar as conciencias e facer cambalear os piares do inmobilismo.
Esa é ela. Unha xigante que non precisa respiración asistida, nin prantos, nin ritos florais. Os pulmóns da súa obra aférranse ao futuro e ínflanse coa forza dun país que respira cultura por cada fenda.
En Galicia existen infinitas formas de querer e nós querémoste paxaro, lume, emoción. Querémoste eléctrica e lúa. Insubmisa e valente. A voz que hoxe portaría unha pancarta na cabeza dunha manifestación contra a violencia machista ao berro de: Basta xa, querémonos vivas! A que quedaría afónica de solicitar, día tras día, unha maior presenza do galego na escola, na rúa, na vida. Na Galicia nosa que se estremece por momentos.
Imaxino a Rosalía e véxoa afirmando: Son muller e son galega. Reivindícome como escritora na miña propia lingua e non consinto que ninguén apague a miña voz. Estou tan viva que os meus versos rabuñan as paredes do panteón de galegas ilustres ata facelas sangrar. Négome a ser unha estranxeira exiliada na miña patria. Quero abarcar toda a luz e contaxiarte.
En Galicia existen infinitas formas de chover,
Como chove miudiño,
como miudiño chove,
pola banda de Laíño,
pola banda de Lestrove
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Amancio Prada canta "Adios ríos, adios fontes" 



Poema de Rosalía de Castro versionado por Luz Casal e X.M. Budiño - "Negra Sombra"  (Follas Novas, 1880)


xoves, 16 de febreiro de 2017

luns, 6 de febreiro de 2017

"No Bosque de Krapfen"

  1º EP baila " No Bosque de Krapfen" un vale composto por  J. Strauss fillo, coñecido como o "Rei dos Valses".