Cantamossss
Teño dentro do
meu peito
Unha laranxa
partida
Para darlla ao
meu amor, o pirimpirimpimpín
Para darlla á
miña vida
Pirimpimpín,
pimpimpimpimín,
Manolo, vira
p’ra acá,
María, vira
p’ra aquí. (bis)
De Portugal me
mandaron
Tres peras nun
ramalliño
Quen me dera a
min saber-e, o pirimpirimpimpín,
Quen me ten
tanto cariño.
Pirimpimpín,
pimpimpimpimín,
Manolo, vira
p’ra acá,
María, vira
p’ra aquí. (bis)
Do outro lado
do río,
Do outro lado
meu ben-e,
Do outro lado
do río, o pirimpirimpimpín,
Teño quen eu
quero ben-e.
Pirimpimpín,
pimpimpimpimín,
Manolo, vira
p’ra acá,
María, vira
p’ra aquí. (bis)
Ao entrar en
Sanguiñeda
Hai un lexo de
letreiro
Que sempre
está a dicir, o pirimpirimpimpín.
Portugal meu
compañeiro.
Pirimpimpín,
pimpimpimpimín,
Manolo, vira
p’ra acá,
María, vira
p’ra aquí. (bis)
Rebola o pai,
rebola a nai, rebola a filla,
E eu como son
da familia tamén quero rebolar (bis)
Ningún comentario:
Publicar un comentario