Por que un Día Internacional do Jazz?
- O jazz rompe barreiras e crea oportunidades para a comprensión mutua e a tolerancia;
- O jazz é unha forma de liberdade de expresión;
- O jazz simboliza a unidade e a paz;
- O jazz reduce as tensións entre os individuos, os grupos e as comunidades;
- O jazz fomenta a igualdade de xénero;
- O jazz reforza o papel que xoga a mocidade no cambio social;
- O jazz promove a innovación artística, a improvisación e a integración de músicas tradicionais nas formas musicais modernas e
- O jazz estimula o diálogo intercultural e facilita a integración de mozas marginadoss.
A celebración desta xornada ten como obxectivo sensibilizar ao público en xeral sobre as virtudes do música jazz como ferramenta educativa e como motor para a paz, a unidade, o diálogo e o reforzo da cooperación entre pobos. Os gobernos, as institucións educativas e a sociedade civil que participan na promoción do jazz aproveitan esta oportunidade para difundir a idea de que o jazz non é só un estilo de música, senón que tamén contribúe á construción de sociedades máis inclusivas.
Na nosa aula celebramos o día!
http://paolaoliva.wix.com/son-de-jazz
Ningún comentario:
Publicar un comentario